Inicio Carballo ao día Axenda Voodoo Childs, protagonistas no Curruncho Pop

Voodoo Childs, protagonistas no Curruncho Pop

Sábado 25 de marzo do 2023 19.30 e 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos que acada a súa sétima edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal na cal as propostas musicais, en ocasións en formato inédito, xiran arredor dun referente literario. Esta é a nosa proposta para este sábado:

19:30h Presentación do libro ‘Al compás del Voodoo (religión, represión y música)’ de Héctor Martínez

20:30h Concerto de Voodoo Childs
Voodoo Childs é unha banda creada para a ocasión con músicos como María Santiago (Maraya Zydeco) ou Xulián Freire para interpretar cancións recollidas no libro e falar co seu autor, Héctor Martínez sobre as lendas, mitos e supersticións que rodean estas composicións que xurdiron da mestura da tradición musical europea e as influencias da música caribeña.

A entrada é de balde, pero debes reservar no 981 758 580, xa que a capacidade é limitada.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D