Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da oitava edición do...

Presentación da oitava edición do Autocross Carballo, puntuable para o Campionato de España

Xoves 30 de xuño do 2016 Casa do Concello - 12.30h

Autocross Carballo

A Casa do Concello acolle a presentación en rolda de prensa do Campionato de España de Autocross, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo no Circuíto de Motor de Bértoa. Un ano máis os mellores pilotos nacionais da especialidade, aos que podería unirse algún piloto portugués animado pola inclusión no campionato dunha proba realizada no país veciño, daranse cita en Carballo.

Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de representantes de Escudería La Coruña, co organizadores da cita.

Compartir: