Inicio O Concello Axenda institucional Presentación en rolda de prensa do...

Presentación en rolda de prensa do Verán Cultural 2016

Venres 1 de xullo do 2016 Pazo da Cultura - 13.00 h.

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle a partir das 13.00 horas a presentación da programación do Verán Cultural 2016. Neste acto estará presente o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; Luciano Calvo, presidente da Fundación Luís Calvo Sanz que colabora co programa; e o Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo.

Describirase a totalidade do programa de actividades que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto tanto na Praza do Concello, como nas distintas parroquias do Concello de Carballo.

Compartir: