Inicio O Concello Axenda institucional Presentación dunha campaña de...

Presentación dunha campaña de promoción da reciclaxe con Ecovidro

Martes 12 de xullo do 2016 Praia de Razo - 11.45 h.

Praia de Razo

Praia de Razo

O martes 12 de xullo a partir das 11.45 h. Razo (diante do bar O Cordobés) acolle a presentación dunha acción de promoción da reciclaxe que se está a realizar no Concello de Carballo e que consiste na instalación duns novos colectores cos que se pretende incrementar aínda máis os bos índices no municipio.

A cita contará coa presenza do Alcalde, Evencio Ferrero, co Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, e con representantes de Ecovidro e de Urbaser.

Compartir: