Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da Praza dos Libros de...

Presentación da Praza dos Libros de Carballo 2016

Xoves 14 de xullo do 2016 Casa do Concello - 11.45 h.

Praza dos Libros 2015

A Casa do Concello acolle a presentación en rolda de prensa da Praza dos Libros de Carballo 2016 , a feira de creatividade cultural da vila que terá lugar entre o 21 e o 24 de xullo no Xardín Municipal.

Os horarios do acto son os seguintes:

  • 11.45 h: Foto diante do concello coa organización e representantes das librarías de Carballo co cartel da Praza dos Libros 2016.
  • 12.00 h: Conferencia de prensa na Casa do Concello.

Está prevista a presenza na cita de Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; Marcos Trigo, Concelleiro de Cultura de Carballo; un representante de Conservas Calvo, patrocinador da feira; representantes das librarías de Carballo participantes cun posto na feira.

Compartir: