Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do 6º Autocross Carballo...

Presentación do 6º Autocross Carballo que terá lugar o 17 de setembro no Circuíto de Bértoa

Mércores 14 de setembro do 2016 Casa do Concello - 13.00h

6º Autocross Carballo

A Casa do Concello acolle a presentación en rolda de prensa do 6º Autocross Carballo que terá lugar o sábado 17 de setembro no Circuíto de Bértoa, proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross. Está prevista a presenza na cita, a partir das 13.00 horas, do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e de representantes da organización.

Compartir: