Inicio Carballo ao día Axenda FIOT: "Cervantina" de Ron Lalá

FIOT: "Cervantina" de Ron Lalá

Domingo 23 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Ron Lalá

Ron Lalá

Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo dun dos xenios indiscutibles da literatura universal, Cervantes. Unha festa de pezas breves que reúne as adaptacións “ronlaleiras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos doutras pezas.Ron Lalá é outra das compañías máis aclamadas polo público do FIOT, á que acompañamos desde os seus inicios e que se converteu na revelación dos escenarios españois dos últimos anos. Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar del Quijote, dan un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o ritmo desenfreado ou a música en directo. 

No Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. Duración aproximada do espectáculo 90 minutos. Entrada 15 euros.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4