Inicio Carballo ao día Axenda FIOT: "La carta" con Paolo Nani Teater

FIOT: "La carta" con Paolo Nani Teater

Venres 28 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h. Cultura

Paolo Nani

Paolo Nani

O mesmo ano no que naceu o FIOT, 1992, Paolo Nani e Nullo Facchini crearon A carta, converténdose nun éxito instantáneo, e desde entón non deixou de viaxar polo mundo, representándose en preto de mil ocasións. O virtuoso clown non precisa as palabras para contar unha historia de 15 maneiras e encher de risa cada minuto. A súa precisa linguaxe corporal, o mimo, as “acrobacias” faciais, o perfecto ”timing” cómico, os orixinais gags, a complicidade co público,… fan deste divertidísimo espectáculo unha inesquecible antoloxía da comedia, que permanece na carteleira escénica despois de 25 anos.

No Pazo da Cultura a partir das 21.00 horas. Duración prevista do espectáculo 70 minutos. Entrada: 7 euros.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D