Inicio Carballo ao día Axenda FIOT: "La estupidez" de Feelgood teatro...

FIOT: "La estupidez" de Feelgood teatro pecha o 25 Outono de Teatro

Sábado 29 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 20.00 h. Cultura

La estupidez

Parte do elenco de La estupidez

Un grupo de persoas intenta facerse rica en Las Vegas. Un método matemático para gañar á ruleta garda relación coa temible ecuación que encripta o segredo da Apocalipse. Dous criminais deben vender un cadro antigo roubado. A mafia siciliana fabrica unha nova estrela do pop e uns policías motorizados viven unha intensa historia de traizóns. Todo isto ocorre ao mesmo tempo. En las Vegas. Cinco virtuosos actores (Fran Perea, Toni Acosta, Ainhoa Santamaría, Javier Coll e Javier Márquez) interpretan 25 personaxes, nun prodixioso exercicio interpretativo e cunha posta en escena impecable. Feelgood Teatro estrea en Carballo para Galicia esta divertida proposta.

No Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas. Duración prevista do espectáculo (con descanso) 180 minutos. Entrada: 15 euros.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4