Inicio Carballo ao día Axenda A mostra sobre discriminación racial...

A mostra sobre discriminación racial "Galegas coma ti": na rúa Coruña até o 11 de decembro

Do luns 28 de novembro ata o domingo 11 de decembro do 2016 Rúa Coruña - Todo o día Cultura

Galegas coma ti

A exposición Galegas coma ti, organizada pola ONG Viraventos co apoio da Deputación da Coruña e Gadis, permanecerá entre o 28 de novembro e o 11 de decembro na Rúa Coruña de Carballo. Esta mostra contra a discriminación racial quere promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade.

A exposición consta de tres módulos expositivos que combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías de Xurxo Lobato e deseño de Xosé Díaz nas que aparecen inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural.

Compartir:


- 2021 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
11
13
15
17
19
20
21
29
30