Inicio Carballo ao día Axenda Concerto infantil: "De aquí para...

Concerto infantil: "De aquí para alá" con Bolboreta

Domingo 11 de decembro do 2016 Pazo da Cultura - 18.00 h. Lingua

Bolboreta

Bolboreta

No marco do proxecto Apego, para a socialización en galego da infancia, e a través de historias e música, viaxaremos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar, e cos instrumentos típicos de cada país. A ritmo de bossa-nova, rap, son cubano, reggae, ska…, faremos unha viaxe arredor do mundo na que pasaremos polo Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos ou Galicia, entre outros lugares máxicos. E todo isto farémolo a partir das 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura coa artista Lydia Botana (Bolboreta) e a súa banda, nun concerto infantil organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Participación: público familiar con nenos/as de 1-8 anos. É necesario recoller convite a partir do 30 de novembro, de balde, no Pazo da Cultura (de 10.00 a 14.00 horas), na Biblioteca Rego da Balsa (de 10.30 a 20.30 horas) ou na Ludoteca (de 17.00 a 19.00 horas). Máximo 4 convites por persoa.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4