Inicio Carballo ao día Axenda O grupo de teatro de francés da EOI...

O grupo de teatro de francés da EOI representa "Allô lEspoir"

Mércores 14 de decembro do 2016 Pazo da Cultura - 18.00 h. Cultura

Pazo da Cultura

A sección de Carballo da Escola Oficial de Idiomas acolle a representación da obra de teatro Allô l’Espoir, unha adaptación da obra Le père Noël est une ordure. Esta comedia transcorre durante unha data moi sinalada. É Noiteboa e na centraliña telefónica de “SOS Allô l’Espoir”, que ofrece asistencia a todo aquel que se sinta só, todo parece moi tranquilo. Pero pouco a pouco, unha esperpéntica galería de personaxes perturbará esa tranquilidade. A obra será interpretada polo grupo de teatro de alumnos e antigos alumnos de francés da EOI da Coruña, La troupe de l’EOI. O idioma será o francés pero estará subtitulada en castelán para ser accesible a todo o público, independentemente do seu nivel de francés.

A entrada é libre e gratuíta, polo que non só poderán asistir os alumnos da escola, senón que todo o público que así o desexe. A cita terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo a partir das 18.00 horas e ten acceso libre e gratuíto até completar o aforo. A actividade está incluída no programa do Nadal Cultural 2016.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D