Inicio Carballo ao día Axenda Presentación literaria "Ex vite...

Presentación literaria "Ex vite vita" da fotógrafa Mónica Noya

Xoves 15 de decembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 20.00h Cultura

Ex vite vita

A fotógrafa Mónica Noya presenta... “Ex vite vita”, un fotolibro documental “de autor” que ten como tema principal o viño, como medio e modo de vida na comarca da Ribeira Sacra. "Ex vite vita" é a expresividade levada á narrativa fotográfica onde se mensturan metáforas visuais, e imaxes simbólicas, a través das que se mantén a mensaxe do viño como nexo de unión no traballo e na celebración. O viño como preocupación, a perda do legado. O viño como símbolo de mestura entre o divino e humano. "Ex vite vita" é todo un conxunto sensorial, potencia visual na forza das súas cores, textura no pase de páxina e unha intensa mensaxe na lectura das imaxes.

A cita é na Biblioteca Rego da Balsa a partir das 20.00 horas e o acceso é libre e gratuíto.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4