Inicio Carballo ao día Axenda Mercarte: exposicións e obradoiros de...

Mercarte: exposicións e obradoiros de creadores bergantiñáns no Mercado Municipal

Do venres 16 de decembro ata o domingo 18 de decembro do 2016 Mercado Municipal - De 11.30 a 20.30 h. Cultura

Mercarte

Xa van catro anos dende que o colectivo Crea Formas puxo en marcha Mercarte, unha mostra de artistas e artesáns onde estarán dispoñibles as obras do colectivo para uns perfectos agasallos de Nadal. Ademais, a cita inclúe obradoiros de barro, debuxo libre, estampación ou monicreques. Tamén haberá exhibicións de pintura en vivo. Os participantes nesta edición son: Mon Lendoiro, Milos Cotelo, Teresa Candal, Isa Fernández, O'Mighelo, Santi Picos, Adriana Diaz Iglesias, Emi de las Heras, Cristina Castro Santiago, Lola Oviedo, Esther Chamoso e Antonio Taracido.

A inauguración será o venres 16 de decembro as 21.00 horas con actuación musical incluída a cargo do grupo Lore & Chema. O horario de apertura de Mercarte, que está dispoñible no 1º andar do Mercado Municipal dende a inauguración o venres 16 até o domingo 18 de decembro, será de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas o sábado 17, e o domingo 18, de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4