Inicio Carballo ao día Axenda A exposición "O país dos mil...

A exposición "O país dos mil castros": até o 29 de xaneiro no Pazo da Cultura

Do xoves 22 de decembro ata o domingo 29 de xaneiro do 2017 Pazo da Cultura - De 17.00 a 21.00 h. Cultura

Exposición O país dos mil castros

Un total de 50 imaxes compoñen a mostra fotográfica "O país dos mil castros" de Peter Schneider, un fotógrafo nacido en Frankfurt en 1963 que chegou a Galicia en 1996 e xa non marchou. En 2001 iniciou en Borneiro un proxecto que presentou a arqueólogos e que o Consello Galego de Museos asesorou co compromiso de promover unha exposición deste traballo. E de aí naceu "O país dos mil castros", na que están reflectidos once construcións galegas -Borneiro, Baroña, Neixón (Boiro) e Punta dous Prados (Ortigueira); Fazouro, Viladonga e A Torre (Caurel); San Cibrao de Lás e Castromao; Santa Tegra e Troña- e un de Asturias, o de Pendía.

A mostra pode visitarse até o 29 de xaneiro na sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir:


- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
2