Inicio Carballo ao día Axenda Teatro de Ningures representa "Unhas poucas...

Teatro de Ningures representa "Unhas poucas picadelas" nos Venres Culturais

Venres 17 de febreiro do 2017 21 horas - Pazo da Cultura Cultura

Un recordo no xornal que narra o asasinato dunha muller por parte da súa parella é o detonante dunha historia tráxica de violencia machista na que teñen cabida miles de historias reais e anónimas. Teatro de Ningures chega aos Venres Culturais con "Unhas poucas picadelas", unha obra de Laila Ripoll dirixida por Etelvino Vázquez e interpretada por Sonia Rúa, Lois Soaxe e Pepa Barreiro.

A montaxe, incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios, vai dirixida ao público adulto. A entrada custa 3 euros (2 para os colectivos con desconto).

Compartir:


- 2017 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
5