Inicio Carballo ao día Axenda Os amigos dos músicos, no Curruncho Pop

Os amigos dos músicos, no Curruncho Pop

Sábado 20 de maio do 2017 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

No Curruncho Pop reservamos para maio a Os amigos dos músicos, unha banda de Ourense formada por experimentados músicos que proveñen de grupos e tradicións diversas, de grupos como Niño y Pistola, Blood Filloas ou O Sonoro Maxín.

O Curruncho Pop é un festival para todos os públicos, no que, dadas as características da instalación, ofrécense concertos de pequeno formato e para un máximo de 90 persoas. As entradas son de balde, pero por esas limitacións de espazo requírese a reserva previa a través de biblioteca@carballo.gal ou no número de teléfono 981 758 580 (máximo catro pases por persoa).

Compartir:


- 2017 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
12
14
19
28
29
30