Inicio Carballo ao día Axenda Primavera enDanza presenta: "Ensaio...

Primavera enDanza presenta: "Ensaio amor", da compañía de Nuria Sotelo

Venres 21 de abril do 2017 21 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

Catro mulleres: dúas bailarinas, unha bebé e unha violoncellista fanse preguntas sobre aquilo que fan con amor e por amor, cuestionándose o seu papel de coidadoras, nais e amantes. "Ensaio de amor" é unha peza que, a través da música, a danza e as palabras, aborda o universo feminino das súas creadoras, e a través da plasticidade dos corpos espertará sensacións no espectador, vivindo a complicidade dunha nai e a súa filla.

Nuria Sotelo ten unha importante traxectoria profesional, iniciada no mundo da danza clásica e que continuou cara á danza contemporánea e o teatro, colaborando con creadores tan importantes como Chevi Muraday, Daniel Abreu ou Erick Jiménez, entre outros.

Esta obra é unha coprodución do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte En Acción, Escenas do cambio de Santiago de Compostela e o Festival Alt de Vigo, e forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Ficha artística

Dirección, adaptación e escenografía: Nuria Sotelo / Intérpretes: Nuria Sotelo, Clara Ferrao, Macarena Montesinos e Lena Vilanova / Deseño Iluminación: Baltasar Patiño / Música: Macarena Montesinos / Coreografía: Nuria Sotelo, Clara Ferrao / Ollada externa: Idoia Zabaleta

Duración: 1 hora
Público: adulto
Prezo da entrada: 3 € (2 € con desconto)
Reserva de entradas: A partir do 10 de abril no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura). Límite: 4 entradas por persoa.

Compartir:


- 2017 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D