Inicio Carballo ao día Axenda Primavera enDanza presenta:...

Primavera enDanza presenta: "Emoticores", coa compañía Las Tricotouses

Domingo 23 de abril do 2017 18 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

En Emoticores as emocións toman forma a través das cores e do movemento que, unido ao son e ás proxeccións audiovisuais, achegarán aos nenos e ás nenas e ao seu contorno familiar a identificar as emocións. Cunha estética sinxela, moi visual e atractiva para os máis cativos, o espazo escénico está configurado coas cores que recoñecen as emocións que precisan ser expresadas e atendidas.

Cristina Montero e Rut Balbís son as fundadoras da compañía Las tricotouses, que presentan en Carballo o seu terceiro espectáculo de danza contemporánea, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. O sinais de identidade destas dúas creadoras son a excelente creatividade, a grande expresividade corporal e, neste espectáculo, o importante carácter pedagóxico destinado ao público máis novo.

Ficha artística

Dirección, escenografía e coreografía: Cristina Montero e Alba Cotelo / Deseño iluminación e programación audiovisual: Afonso Castro / Arranxos musicais e deseño gráfico Jas Processor / Asesoramento en psicoloxía: Paula Pintos

Duración: 1 hora
Público: a partir de 8 anos
Prezo da entrada: 4 € (3 € reducido)
Reserva de entradas: A partir do 10 de abril no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura). Límite: 4 entradas por persoa.

Compartir:


- 2017 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D