Inicio Carballo ao día Axenda "Oskara", da compañía...

"Oskara", da compañía vasca Kukai Dantza Banaketa, un peche de luxo para Primavera enDanza

Domingo 7 de maio do 2017 20 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

Nesta nova edición de Primavera enDanza contamos coa sorte de contar coa presenza dun espectáculo de danza contemporánea único, "Oskara", da compañía vasca Kukai Dantza, que se une ao director Marcos Morau de La Veronal. Unión de dous universos coreográficos e dúas miradas cara á danza que se move entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista.

"Oskara" preséntase case como unha reflexión da iconografía da cultura e o folclore vasco, percorrendo algunhas pasaxes do seus mitos e símbolos, debuxando ademais un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e a vangarda.

A compañía Kukai Dantza, creada no ano 2011, desenvolve o seu traballo a partir da danza tradicional vasca, e propón encontros con outros estilos de danza e de entender a arte. Desta forma, Kukai crea espectáculos contemporáneos a partir da danza tradicional vasca e realiza creacións propias e colaboracións con prestixiosos coreógrafos e entidades.

Ficha artística

Dirección: Jon Maya Sein / Idea e dirección de escena: Marcos Morau / Interpretación: Alain Maya, Eneko Gil, Ibon Huarte, Martxel Rodríguez e Urko Mitxelena / Cantante: Errarum Martikorena Jantziendiseinua / Asistente de coreografía: Lorena Nogal e Marina Rodríguez / Dramaturxia: Pablo Gisbert / Deseño vestiario: Iraia Oiastzabal / Creación musical: Xabier Erkizia e Pablo Gisbert

Duración: 1 hora
Público: adulto
Prezo da entrada: 3 € (2 € con desconto)
Reserva de entradas: A partir do 10 de abril no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura (Pazo da Cultura). Límite: 4 entradas por persoa

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4