Inicio O Concello Axenda institucional A Xunta de Goberno Local inicia o expediente de...

A Xunta de Goberno Local inicia o expediente de contratación das melloras en seis locais sociais

Luns 22 de maio do 2017 13.30 horas - Casa do Concello

A Xunta de Goberno Local iniciará na sesión ordinaria de hoxe o expediente de contratación das obras de acondicionamento e reforma dos centros sociais de Artes, Rus, Entrecruces, Outón, Oza e Sísamo. Neste último a actuación consiste na construción dunha edificación destinada a almacén acaroada á escola unitaria. En materia de contratación tamén se someterá a aprobación a prórroga da explotación da cafetería-restaurante do Pazo da Cultura e da concesión para a colocación de postos durante as festas de San Xoán. Así mesmo procederase á resolución do contrato de servizos por prezos unitarios de aluguer de pala e camión con conductor para diversos departamentos municipais. 

A orde do día completa, no documento adxunto.

Descargas

Compartir: