Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "Poder, dominio...

Presentación do libro "Poder, dominio e sangue. A liñaxe Bermúdez de Castro, Señores de Montaos"

Xoves 20 de xullo do 2017 20 horas - Biblio Rego da Balsa Cultura

Os Bermúdez de Castro foron unha liñaxe de cabaleiros da baixa idade media que se converteron en señores cunha casa nobiliaria propia, a Casa de Montaos. Asentados con señoríos xurisdicionais nas terras de Bergantiños, Dubra, Moraña e Montaos, dominaban aos seus vasalos dende os pazos-fortaleza de Lestrobe, Penaflor, e os principais de A Coruña e Caión, onde se centra o libro. O seu autor, Marcos Emilio Amado Casdelo, estará na Biblioteca Rego da Balsa o xoves 20 de xullo para falar da historia de Poder, domino e sangue. A liñaxe Bermúdez de Castro, Señores de Montaos.

Todos os públicos.
Entrada libre

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D