Inicio Carballo ao día Axenda "In Memoriam" e "Areas do...

"In Memoriam" e "Areas do deserto" no certame de microteatro Metro Cadrado

Do sábado 7 de outubro ata o domingo 8 de outubro do 2017 Consultar horarios e localizacións Cultura

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo abre, por primeira vez, un ciclo de espectáculos de 10 ou 20 minutos representados en espazos non teatrais denominado “Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²)”.

Este teatro sen barreiras e artificios, que se desenvolve nun metro cadrado en espazos domésticos como unha zapataría, uns aseos públicos, unha papelaría ou a mesma rúa, iniciarase o sábado 7 de outubro ás 13 h (haberá tres pases máis ás 13.30, 19.00 e 19.30 horas) na papelaría San Ramón, coa estrea absoluta de “In Memoriam”, unha performance de Roberto Alvite e Rebeca Amor.

O domingo 8 o grupo especializado en microteatro Entretés representará na rúa Coruña, cos mesmos horarios, “Areas do deserto”, unha peza artística na que a música en directo será a gran protagonista.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4