Inicio O Concello Axenda institucional Evencio Ferrero participa na xornada "Pacto...

Evencio Ferrero participa na xornada "Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía"

Martes 28 de novembro do 2017 09.30 horas - Palexco A Coruña

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía - Covenant of Mayors for C/imate & Energy- foi lanzado pola Comisión Europea co fin de reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de C02 no ámbito territorial local, e aumentar a resiliencia frente ao cambio climático.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, xestiona esta iniciativa europea na comunidade autónoma, e convocou aos alcaldes galegos a unha xornada na que se abordará a importancia da participación dos concellos e da colaboración entre as distintas administracións. Evencio Ferrero acudirá á xuntanza en representación do Concello de Carballo.

Ligazóns

Compartir: