Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Ver localización

Programa de educación familiar

Programa de educación familiar

O Concello de Carballo reforza o Programa de Educación Familiar coa contratación dun novo técnico mediante os fondos obtidos a través da subvención ás corporacións locais para a execución de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

As especiais características xeográficas, demográficas e sociais do concello obrigan a que a atención global ás familias en risco de exclusión social e aos menores ao seu cargo, como membros máis vulnerables das mesmas, sexa unha prioridade. Ás dificultades e riscos que poden afectar á infancia en xeral débense sumar aspectos como a estigmatización, o rexeitamento, a pobreza, a cronificación da marxinación,...

De aí a importancia de reforzar o citado servizo na actualidade, polo aumento do número de casos que chegan a el polas diferentes canles (centros escolares, servizos sanitarios, demanda das propias familias,.....) e pola maior complexidade dos mesmos.

Deste xeito proporcionaráselles as familias usuarias, mediante a atención das diferentes problemáticas que se poidan dar nos ámbitos de convivencia familiar e social, os medios necesarios para o desenvolvemento integral das súas funcións e das súas capacidades, fortalecendo o sistema familiar e mellorando a calidade de vida de todos os seus membros, e en especial dos e das menores a cargo.

Compartir: