Inicio Áreas Cultura Axenda "Territorio acoutado",...

"Territorio acoutado", exposición de fotografía e poesía de Olga Patiño e Carlos Lorenzo

Do xoves 20 de febreiro ata o martes 3 de marzo do 2020 De 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 Pazo da Cultura

Tras as impactantes imaxes de "Homes e mulleres de sal e ferro" do muxián Xesús Búa, chega ao Pazo da Cultura unha nova exposición na que poesía e fotografía compleméntanse para crear unha atmosfera chea de metáforas e elipses.

Olga Patiño e Carlos Lorenzo son os responsables de "Territorio acoutado", un proxecto que nace da lembranza da nenez e da adolescencia, combinando dúas manifestacións artísticas, que dun xeito cómplice crean unha obra única. Poemas de Patiño que nacen dunhas intensas vivencias, e fotografías oníricas de Lorenzo que conceden liberdade ao espectador para que as interprete desde a experiencia persoal.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: