Inicio Áreas Cultura Axenda "Voadores circus", un...

"Voadores circus", un espectáculo de Duelirium para toda a familia

Venres 14 de agosto do 2020 20.30 horas - Rúa Jacinto Amigo

Duelirium é dúo artístico integrado por Mercè Solé e Raquel Oitavén que acumula máis de dez anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea. Formadas en prestixiosas escolas de circo internacionais, desenvolven unha linguaxe propia deseñando as súas propias estructuras, elementos aéreos e vestiarios cun toque moi personal.

En "Voadores circus" desfrutaremos dun espectáculo de danza vertical, malabares, voo, contorsión... Circo en estado puro.

Programa Verán Cultural
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir: