Inicio Áreas Cultura Axenda Ibuprofeno Teatro presenta...

Ibuprofeno Teatro presenta "Deadapan Karaoke"

Venres 23 de febreiro do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos?

Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

Duración: 75 minutos
Público: adulto
Entrada: 7 € (4 € prezo reducido)
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: