Xuntanza do Consello Parroquial de Bértoa

Mércores 30 de xaneiro do 2019 19.30 horas - Local social de Bértoa

O Consello Parroquial de Bértoa celebra unha nova xuntanza para seguir avanzando na planificación das melloras precisas na parroquia. O consello está integrado por representantes dos grupos políticos municipais, colectivos veciñais e cidadáns e cidadás a título individual, pero está permanentemente aberto a posibles incorporacións. As persoas interesadas poden chamar ao 981 704 700 ou enviar un correo electrónico a consellosparroquiaiscarballo@gmail.com.

Compartir: