Xuntanza do Consello Parroquial de Sofán

Xoves 14 de marzo do 2019 20.30 horas - Centro Social de Sofán

O Consello Parroquial de Sofán celebra unha nova xuntanza para seguir avanzando na planificación das melloras precisas na parroquia. O consello está integrado por representantes dos grupos políticos municipais, colectivos veciñais e cidadáns e cidadás a título individual, pero está permanentemente aberto a posibles incorporacións. As persoas interesadas poden chamar ao 981 704 700 ou enviar un correo electrónico a concellodecarballo@gmail.com.

Compartir: