Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Aula de Gravado Municipal

Alumnado da aula de gravado

Coa finalidade de fomentar a creación cultural entre os artistas locais, o Concello de Carballo puxo en marcha en novembro de 2013 unha Aula Municipal de Gravado coa que dar a coñecer esta técnica artística.

O taller estivo impartido durante varias semanas nas instalacións dunha das naves do Fórum Carballo baixo a dirección do recoñecido artista e gravador carballés Manuel Facal que traballou cunha vintena de artistas de Carballo e a contorna.

Nos primeiros obradoiros da Aula participaron Alejandro Vázquez, Andrés Rey Mancebo, Antón Díaz Sánchez, Antonio Taracido García, Cristina Castro Santiago, Emilia Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Isa Fernández, José Manuel Rama Edreira, Luis González (Yiyi), Manuel Eirín, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O'Miguelo, Pedro Tasende, Raúl González Herrera, Rosa Rial Lema, Santi Picos Díaz, Santiago Castro Taibo e Viki Rivadulla.

Actividade na aula de gravado


Está previsto que a actividade teña continuidade no futuro, coa creación de novos obradoiros relacionados con esta disciplina artística.

Ademais, o Concello acondicionou no Fórum unha aula permanente co material necesario, como o tórculo ou prensa calcográfica e un secadoiro co obxectivo de que os creadores que o desexen fagan uso dese espazo para realizar o seu labor de gravado. 


Para obter máis información, os interesados e interesadas poden poñerse en contacto co Fórum Carballo, onde se lles informará dos horarios en que a instalación está dispoñible.

Fórum Carballo

Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 709 010

Compartir: