Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto de MJ Pérez e presentación do seu novo disco no Curruncho Pop

Mércores 14 de marzo do 2018 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Recuperada xa da gripe que lle impediu actuar a semana pasada, MJ Pérez segue sendo a primeira da lista do Curruncho Pop 2018. Natural de Arzúa, toca a guitarra desde moi nova e descubre un xeito diferente de expresarse creando as súas propias cancións.

No ano 2013 publicou o seu primeiro traballo, Ollos que non ven, síntoma de cegueira, e este mércores 14 presentará en Carballo o último, Casandra, un disco que marca un antes de un despois desta cantautora, xa que, sen deixar de lado a súa esencia, a artista explora novos camiños e estilos no eido musical.MJ Pérez, unha das voces emerxentes da música galega actual, estará na Biblioteca Rego da Balsa ás 19.30 horas para presentarnos Casandra e para interpretar as súas cancións acompañada pola súa banda.

Entrada de balde con reserva previa na biblioteca.

Compartir: