Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Conferencia bailada con Toni Jodar

Venres 13 de abril do 2018 21:00 horas - Pazo da Cultura

BDDANSA_EXPLICADANSA é un espectáculo a medio camiño entre a danza e a conferencia con fins didácticos, no que o coreógrafo Toni Jodar realiza un ameno e insólito percorrido pola historia recente da danza e o seu presente. Os referentes clásicos e os movementos, os mestres, os principais conceptos..., serán o contido desta proposta na que o bailarín utiliza o seu propio corpo para escenificar os conceptos e as referencias do seu relato didáctico, e na que revelará claves como a relación da danza coas artes plásticas, o significado da nudez na danza contemporánea ou o papel do humor. Un espectáculo imprescindible para quen desexe formarse como espectador ou espectadora, que xa leva 15 anos percorrendo España e Europa achegando as perfomances pedagóxicas de danza a novos públicos.

Ficha artística: Concepción do proxecto: Beatriu Daniel e Toni Jodar / Guión e interpretación: Toni Jodar / Dramaturxia: Víctor Molina / Imaxe: Toni Roura / Fotografía: Anna Padrós.

Duración: 1hora
Público: Adulto
Entrada: 3€/2€

Espectáculo XVI Primavera en Danza. Organiza: Concellería de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: