Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

María Move estrea en Carballo "Toda a beleza do mundo"

Sábado 21 de abril do 2018 Ás 21:00 horas - Pazo da Cultura

Este sábado o salón de butacas do Pazo da Cultura será testemuña da estrea en directo do novo espectáculo da compañía de María Move. Toda a beleza do mundo trasladará aos espectadores a un tempo sen tempo, onde o movemento expresa emocións e crea imaxes que os/as levarán ás profundidades do seu propio ser interno. Unha viaxe suxestiva que pasa polas danzas tradicionais e os ritmos do corpo mesturando o sentir da danza contemporánea, a voz e o seu canto.

María Move é unha creadora galega que conta cunha importante traxectoria na danza contemporánea, con destacados traballos en compañías como Airenoar, e tamén na realización da música de espectáculos de danza doutras compañías como a de Ánxela Blanco. Para este traballo que presenta dentro da XVI Primavera en danza dispón da colaboración dun amplo equipo de creadores/as, entre os que figura Nuria Sotelo na dirección.

Ficha artística: Coreografía e dirección: Nuria Sotelo e María Move / Interpretación: María Move / Iluminación: Afonso Castro / Música: María Move (espazo sonoro, composición e voz), Nuno dos Santos (electrónica), Alexis Fernández-Maca (percusión) e Guillermo Cortizas /Vestiario: Marcia Edleditsch / Ollo externo: Damian Varela e Afonso Castro.

Duración: 40 mins.
Público: Adulto
Entrada: 3€/2€

XVI Primavera en Danza

Organiza: Concellería de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: