Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Centro Dramático Galego presenta "Divinas Palabras Revolution"

Venres 4 de maio do 2018 21:00 horas - Pazo da Cultura

O Centro Dramático Galego será o encargo de poñer o broche de ouro á XVI Primavera en Danza. E para a ocasión, nada mellor que un clásico da nosa literatura, Divinas Palabras, de Valle Inclán, "renovado" e reconvertido nunha auténtica traxicomedia de aldea global na que nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade, revivirán inconscientes o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que o célebre escritor construíu para a súa obra. Esta peza teatral rastrexará a vixencia das súas palabras na procura dun imaxinario actual baixo a dirección de Xron e coa colaboración de boa parte equipo habitual do grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014. 

Por outra banda, coa posta en escena en galego de Divinas Palabras sáldase unha débeda pendente do Centro Dramático Galego, que non puido representala no momento da súa fundación, hai xa 33 anos.

Sinopse: A consecuencia da morte de Juana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden acadar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.


Ficha artística:  Dirección: Xron / Versión: Manuel Cortés e Xron / Intérpretes: Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez / Iluminación: Fidel Vázquez / Escenografía: Suso Montero / Vestiario: Mar Fraga / Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo / Tradución: Manuel Cortés.

Público: Adulto
Entrada: 4€ / 3€
Organiza: Concellería de Cultura
XVI Primavera en Danza

Compartir: