Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A coreógrafa galega Janet Novás amosará en Carballo un espectáculo de xestualidade expresionista

Sábado 28 de abril do 2018 Ás 20:30 horas - Pazo da Cultura

Cunha extensa formación en danza contemporánea, a bailarina e coreógrafa galega Janet Novás-afincada en Madrid desde o ano 2001, é unha das figuras máis destacadas do panorama nacional dos últimos tempos. As súas creacións, de tinguidura experimental, móvense na xestualidade máis expresionista creando unha linguaxe propia, na que emprega o corpo como receptor e transmisor de enerxía, emocións e movementos, arroupado por obxectos e sons que non fan senón romper límites e ampliar lecturas,  dotando as súas montaxes dun forte contido emocional, que serve de contrapeso á estudada sinxeleza estética das súas postas en escena.

Boa proba dilo é "Si pudiera hablar de esto no haría esto", unha declaración de principios e intencións na que dá boa conta da súa madurez creativa e interpretativa consagrándose como un referente da danza actual.

Ficha artística:  Creación e interpretación: Janet Novás / Dramaturxia: Ricardo Santana / Deseño de iluminación: David Picazo / Música orixinal: Haru Mori / Espazo sonoro: Haru Morie Óscar Villeg as / Acompañamento artístico: Antía Díaz e Lipi Hernández / Vestiario: Panamá Díaz e Maravilla Muñoz / Imaxe: Virginia Rota.

Público: Adulto
Entrada: 4€ / 3€
Organiza: Concellería de Cultura
Rede Galega de Teatros e Auditorios
XVI Primavera en Danza


Compartir: