Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Maxia de aquí e de acolá" con David Méndez

Mércores 25 de abril do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura

O ciclo de actividades infantís "Mulleres de conto", programado pola Concellería de Cultura dentro da XIII Semana do Libro e da Lectura, está a deixarnos tardes repletas de diversión e aprendizaxe por igual. Despois da música, a literatura e a poesía, chega-por fin- a hora da maxia, un dos momentos máis agardados polo público infantil.

O día 25, a partir das 18h, o mago lucense David Méndez deleitará cos seus trucos aos máis pequenos/as, e aos que xa non o son tanto, nun espectáculo que promete ser tan divertido como sorprendente.

"Maxia de aquí e de acolá", que así se titula o seu último número de ilusionismo, é o resultado dunha mestura de maxia, comedia e improvisación da que non se libra ningún espectador/a, xa que a participación do público está sempre presente. Moi recomendable!

Participación: Público familiar
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura
XIII Semana do Libro e da Lectura

Compartir: