Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Exposición sobre Manuel María "Beleza, amor e compromiso"

Do xoves 10 de maio ata o venres 15 de xuño do 2018 10.30 a 20.30 - Biblio Rego da Balsa

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) é un proxecto da Casa-Museo Manuel María coa colaboración da Concellería de Cultura para achegar á cidadanía a figura, a vida e a obra de Manuel María a través dunha exposición divulgativa que amosa de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor. A partir do xoves 10 de maio estará en Carballo a disposición de todo o público. 

Comisariada pola Casa-Museo Manuel María, esta mostra amosa por medio de dez paneis dun xeito ameno e gráfico a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Ofrece tamén un completo folleto informativo sobre a figura, a vida e a obra do Poeta do Pobo. A exposición afonda, asemade, en aspectos relevantes como a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios que abordou. 

12 láminas de Leandro Lamas de Os soños na gaiola complementan a mostra, que pode visitarse este mes na Biblioteca Rego da Balsa.
Horarios: de luns a vernes, de 10.30 a 20.30, e os sábados, de 10.00 a 13.00.

Compartir: