Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Obradoiro de mellora da comunicación, prevención e resolución de conflitos

Do sábado 5 de maio ata o sábado 19 de maio do 2018 10:30 a 12:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Ao longo do mes de maio, a Concellería de Cultura porá en marcha un obradoiro de mellora da comunicación, prevención e resolución de conflitos dirixido tanto á mocidade como ao público adulto en xeral. Con esta inicitiva, que se desenvolverá os sábados 5, 12 e 19, en horario de mañá, preténdese proporcionar aos participantes as ferrementas e os recursos necesarios para evitar situacións de violencia a nivel social, laboral, escolar ou doméstico. Así mesmo, facilitaranse técnicas de apoio para fomentar a mediación entre iguais e as condutas positivas mediante a educación en valores, a convivencia, a empatía e a comunicación non violenta.

As persoas interesadas en participar nestas xornadas, que serán impartidas por un experto en mediación e resolución de conflictos, deberán inscribirse previamente enviando un e-mail a biblioteca@carballo.gal ou chamando ao 981 758 580. A actividade é de balde e as prazas son limitadas.


Participación: Mozos/as e público adulto
Entrada: De balde. Inscrición previa. Prazas limitadas
Organiza: Concellería de Cultura


Compartir: