Cultura

Cultura

- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Obradoiro de deseño de bonecas de trapo

Do mércores 23 de maio ata o venres 25 de maio do 2018 Ás 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Queres materializar a túa creatividade deseñando e elaborando un boneco de trapo que exprese a túa personalidade? Queres agasallar a esa persoa especial unha copia en miniatura feita coas túas mans? Agora terás a oportunidade de facelo!

Os días 23, 24 e 25 de maio celebrarase a 2ª edición do obradoiro de deseño e confección de Bonecas de trapo, dirixido ao público xuvenil e adulto. O curso, que será impartido por Alita e Laura Tova Ilustración , estará integrado por un máximo de 10 persoas para garantir un maior aproveitamento das clases.

Se estás interesado/a en participar e tes entre 13 e 200 anos, xa podes inscribirte na Biblioteca Rego da Balsa, no teléfono 981 758 580 ou no correo electrónico biblioteca@carballo.gal. Anímate e aprende a mesturar ilustración e costura para crear un boneco que exprese o que levas dentro.

Participación: A partir de 13 anos
Entrada: De balde. Inscrción previa
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: