Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto de Café Quijano

Domingo 24 de xuño do 2018 Ás 23:00 horas - Praza do Concello

Este ano non será un, senón tres os artistas que se suban ao escenario da Praza do Concello para deleitar ao público carballés cun repertorio cargado de grandes éxitos, novas creacións e unha espectacular posta en escena protagonizada por unhas das bandas máis coñecidas e consolidadas do panorama musical nacional: Café Quijano.

Cando celebran 20 anos da súa estrea discográfica, Manuel, Óscar e Raúl –os irmáns Quijano- regresan aos escenarios pola porta grande para presentar os seus últimos “hits”, dous sinxelos dun novo traballo que pronto verá a luz, e unha xira que os traerá ata Carballo na noite máis máxica do ano. Con oito discos no mercado e máis de dous millóns e medio de copias vendidas, o trío leonés chegará disposto a conquistar ao público de todas as xeracións cun espectáculo de dúas horas de duración, no que amosará o mellor da historia viva do pop latino xunto aos seus grandes éxitos do momento, “Perdonarme” e “Mina”. Café Quijano paseará sobre o escenario cancións de sempre como ‘Nada de nada’, ‘Llaves de Raquel’, ‘La Lola’, ‘Tequila’ ou ‘Desde Brasil’, e os seus temas máis actuais, pasando por algúns dos máis aclamados boleros entre os que non faltarán “Me enamoras con todo” ou “Robarle tiempo al tiempo”, pertencentes á triloxía “Orígenes: El bolero”, coa que foron merecedores de varias nominacións aos Premios Grammy Latinos. Que comece o espectáculo!

Compartir: