Cultura

Cultura

- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
6
7
8
9
10
15
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O actor Avelino González inaugura a Rúa dos Contos

Venres 28 de setembro do 2018 22:00 horas- Cafetería Colón

Hai 20 anos que o FIOT inaugurou en Carballo unha Rúa para enchela de historias, de humor, de provocación, de vida e de Contos. E a ela,  e aos locais de hostalería do municipio, volverán esta semana os/as que gustan do teatro e os/as que saben que un bo espectáculo non sempre precisa dun escenario. Nesta edición, xuntos aos "clásicos" de anos anteriores, contaremos coa presenza de compañías de Guinea e Arxentina, monologuistas emerxentes, estreas e algunha exitosa reposición, “Extras” e moitas sorpresas.

A primeira cita coa Rúa dos Contos correrá a cargo de Avelino González, actor de teatro e un dos mestres dos contadores e monologuistas de contos en galego cunha recoñecida traxectoria ademais en series de televisión. A súa proposta para a velada inaugural leva por título Contos de contrabando, unha divertida historia sobre a actividade comercial fóra da lei, sen licenza fiscal e que non paga impostos (a quen lle gusta pagar impostos?). Un pretexto para afondar en todo o monte de cousas pequenas que facemos á marxe da lei, pero que fan a vida máis vivible e tamén máis aloucada. 

Se queres saber como acaba, non perdas a función deste vennres e celebra con nós os 20 anos da cara máis moza, gamberra e nocturna do FIOT coa que encheremos Carballo de noites de Rúa chea. Agardámosvos!

Público: Maiores de 18 anos
Entrada: De balde
Organiza: AC Telón e Aparte e Concello de Carballo
Colabora: Locais de hostalería

Programación FIOT 2018

Compartir: