Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Acrobacias, equilibrios e complicidade na rúa con Maintomano

Venres 12 de outubro do 2018 13:00 horas - Praza do Concello

Esta semana volve a risa, a emoción, a fantasía e os números máis incribles ao FIOT dentro do ciclo Teatro de rúa. Nesta ocasión, será a compañía Maintomano (Castela-León) a encargada de poñer en escena unha proposta divertida, atrevida, diferente e cargada de sorpresas que non deixará indiferente a ninguén.
 
Ekilibuá, que así se chama o seu espectáculo, fusiona a teatralidade cos portés acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos e moita complicidade. Este show xa foi distinguido co Premio ao mellor espectáculo de rúa "Feria de Teatro de Castilla y León 2014" e o premio "Estación Norte" ao mellor espectáculo do Festival I TAC Valladolid 2016.

Sinopse: Dúas personaxes e o seu pequeno rabaño rodante... e a xogar! A ver quen sube máis alto, ata que non se poida máis, é un xogo arriscado! Sempre ollando a ver quen leva a voz cantante pero, sobre todo, xogando man a man.

Intérpretes:
Marcos Rivas e Morgane Jaudou. Escenografía: Cia. MaintomanoInducable- Javier Acebo. Música: Borja Fernández Farpón – Aira da Pedra Son: David Stiksma. Creación: Cia Maintomano. Dirección:Jordi Aspa

Público: Todos os públicos
Entrada: De balde.
Duración: 50 min.

En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal.

Programación FIOT27

Compartir: