Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A suíza Compagnia Baccalá encherá de humor xestual o FIOT27

Venres 19 de outubro do 2018 21:00 - Pazo da Cultura

A compañía suíza Compagnia Baccalà e a encargada de traer ao FIOT27 o feitizo e o virtuosismo do mellor humor xestual, tan valorado polos espectadores do festival, co seu espectáculo PSS PSS. Esta comedia irresistible, que viaxou por todo o mundo e foi galardoada con numerosos premios internacionais, chega a Carballo para a súa estrea en Galicia transportándonos sen palabras á inocencia e á seriedade da infancia. Acompáñasnos? 

Sinopse: Dous personaxes, inspirados na época do cine mudo, despregan sobre un escenario baleiro unha representación fóra do tempo, chea de enxeño e dun humor exquisito, que abraia pola súa destreza física. Unha extraordinaria interpretación que mestura clown contemporáneo con teatro e circo. Estes dous clowns de hoxe en día, poéticos, surrealistas, irónicos, acrobáticos e enormemente divertidos, catívannos coa linguaxe universal do xesto e da mirada.

Intérpretes e idea orixinal: Camila Pessi e Simone Fassari Iluminación: Christoph Siegenthaler Asesor artístico e xestión técnica: Valerio Fassari Dirección: Louis Spagna

Público: Recomendada a partir de 9 anos
Entrada: 8€
Duración: 65 min

Programación FIOT27

Compartir: