Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Maxia, humor e risas con Sherlock Holmes

Xoves 27 de decembro do 2018 18:00 horas - Pazo da Cultura

A maxia, o humor e a comedia forman parte do divertido espectáculo que o mago Cayetano Lledó nos ofrecerá durante o Nadal Cultural coa posta en escena de “Sherlock Holmes”. O famoso e máxico detective inglés tentará resolver o misterioso roubo das xoias da baronesa Patterson na súa mansión, mentres se celebraba unha festa de aniversario. Que ninguén saia da sala!! Todos son sospeitosos/as! O cociñeiro, o maiordomo, os convidados, mesmo algún espectador/a do público podería ser o/a culpable...Diversión, creatividade, trucos de maxia e moitas sorpresas para o público cativo son algúns dos ingredientes desta nova función do Nadal máis Pequespectacular. 

Cayetano Lledó é un produtor, distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación que basea as súas obras na comedia e na máxia cómica. Ten participado en moitos festivais internacionales de ilusionismo e na actualidade preside a Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG).

Público: A partir de 5 anos
Entrada: 3€/2€ (máis gastos de xestión)
Venda anticipada: Ata o 28 de decembro en www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226, en horario de 09.00 h a 22.00h./ Máx. 4 por persoa
Venda directa: Na billeteira do Pazo da Cultura os días de función desde ás 16.30 h
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: AGADIC

Compartir: