"Sheikh Jackson", de Amr Salama, no ciclo Amal en ruta
Venres 25 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Pazo da Cultura
A repentina morte de Michael Jackson fai que un antigo devoto do Rei do Pop -agora un novo imán-, caia en picado. Pero, que ten un imán en común co Rei do Pop? É el “O Xeque” Jackson ou ambos?. Este é o argumento da última película de Amr Salama, un brillante novo escritor e director exipcio cuxos méritos inclúen o premiado drama sobre a SIDA “Asmaa” e a comedia “Escuse My French”, que triunfou no equivalente dos Óscar en Exipto.
Entrada: Libre e de balde
Duración: 94'
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas
CICLO AMAL EN RUTA