Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"El Cairo Confidencial", un "thriller" sobre a caída do goberno exipcio

Sábado 26 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Pazo da Cultura

O cineasta sueco de orixe exipcio Tarik Saleh escribe e dirixe El Cairo confidencial, un filme ambientado nos días previos á revolución exipcia de 2011, momento histórico da caída de Hosni Mubarak despois de tres décadas na presidencia.

Sinopse: Semanas antes da revolución exipcia de 2011, Noureddine, un oficial de policía do sistema corrupto do Cairo, investiga o asasinato dunha famosa cantante no hotel Nile Hilton. O que inicialmente parece ser un crime sentimental convértese en algo que concerne á elite do poder de Exipto.

Tarik Saleh é un director de cine e produtor de televisión sueco de orixe exipcio. Editor e xornalista, entre os seus traballos máis recoñecidos figuran títulos de longametraxes como "Metropia" e "Tommy" e un recente episodio da serie "Westworld". Ademais de gañar os principais premios dos festivais  de Sundance e Valladolid, Saleh é un dos artistas de grafite máis destacados do seu país.

Entrada: Libre e de balde
Duración: 106'
Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas

CICLO AMAL EN RUTA


Compartir: