Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O Domingo de Entroido encherá as rúas de música, baile e moitos disfraces

Domingo 3 de marzo do 2019 A partir das 17:00 horas - Praza do Concello

Presentado polo Mago Álex, o próximo domingo a partir das 18:00 horas chegará o prato forte do Entroido carballés e unha das actividades máis emblemáticas e agardadas polo público nestas datas: o desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que este ano incrementou a contía das axudas ata os 8.500 euros, dos cales 4.000 destinaranse ás gratificacións por participación (de 125, 200 e 250 euros: dependendo do número de membros, aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas infantís ou de adultos), e o resto repartirase entre os gañadores.

A entrega de premios do concurso realizarase durante o baile de disfraces, organizado pola Concellaría da Terceira Idade e amenizado pola Orquestra Trébol, que terá lugar na Praza do Concello a partir das 20:30 horas. Pero a animación na rúa dará comezo moito antes coa música da Charanga Mekánica que irá enchendo de festa e diversión a vila desde as 17:00 horas.

Compartir: