Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Birds are Indie" e "Sonlosgrillos" actuarán no Curruncho Pop

Sábado 16 de marzo do 2019 20:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Desde Coimbra chegan ao CurrunchoPop Birds Are Indie, o trío formado por Joana, Jerónimo e Henrique. A banda portuguesa factura un pop folk orgánico e delicado, de aires acústicos e arranxos preciosistas. Cun claro espírito intimista, beben do pouso amargo que transmiten formacións como Low o Tindersticks, aínda que a miúdo se deixan levar a territorios moito máis alegres, no camiño de Papas Fritas ou mesmo os escoceses The Pastels, especialmente nas súas actuacións en directo.

O concerto completarase coa actuación dos valencianos Sonlosgrillos, dúo formado pola vocalista Marta Rodríguez e o músico Mauricio Mora que nos agasallarán cun folk psicodélico de belísima factura. ‘Garden Of Clouds’ (2018) é o seu terceiro disco desde o seu debut homónimo en 2010.

Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura

Curruncho Pop 2019

Compartir: