Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O actor Antonio Durán "Morris" visita Carballo da man de EME2 Producións

Venres 29 de marzo do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura

A compañía EME2 Producións visita os Venres Culturais coa posta en escena da comedia "A leituga", unha obra dirixida por Victor Duplá cun elenco rostros coñecidos capitaneado polo actor Antonio Durán "Morris". En clave de humor, abórdase un conflito familiar polo que todos podemos pasar e no que agroman distintos puntos de vista e realidades, lealdades e deslealdades familiares, contas pendentes, a esperanza e a aceptación. O dereito á vida e o dereito á morte.

Sinopse: Cinco familiares reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.

Intérpretes: Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xose Barato / Escenografía e iluminación: José Manuel Faro, Coti/ Música orixinal: Anxo Graña / Vestiario: Uxía Vaello / Tradución: José Luis López Roca / Axudante de dirección:Tamara Canosa / Autor: César Sierra  / Dirección: Víctor Duplá

Público: Adulto
Entrada: 5€/3,5€
Duración: 1 hora 20 min
Organiza: Concellería de Cultura

Venres Culturais 2019

Compartir: